Concello de Oia e Correos instauran un rexistro dixital nas oficinas do municipio
A través da aplicación ORVE (Oficina de Registro Virtual), instalada nas dependencias que o servizo postal ten no municipio, calquera cidadán poderá enviar copias autenticadas e realizar calquera trámite relacionado coa Administración
Foto: C.O.
Infogauda / Oia
Oia conta xa cun servizo de rexistro dixital operativo na oficina de Correos. A través da aplicación ORVE (Oficina de Registro Virtual), instalada nas dependencias que o servizo postal ten no municipio, calquera cidadán poderá enviar copias autenticadas e realizar calquera trámite relacionado coa Administración.
A iniciativa é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Oia e Correos e ten como obxectivo rachar a fenda dixital nas relacións entre a veciñanza e a administración local. Deste xeito, as persoas con dificultades no manexo das novas tecnoloxías recibirán axuda do persoal da oficina de Correos á hora de facer as súas tramitacións no rexistro electrónico.
Do mesmo xeito, esta colaboración permitirá que as propias oficinas postais poidan xestionar o cobro de calquera tributo do ORAL.
Finalmente, Correos e Concello de Oia tamén están a explorar as posibilidades dun convenio de colaboración en materia de paquetería e loxística do que poderá beneficiarse o pequeno comercio do municipio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario