4 de nov. de 2021

O ROSAL

Os irmáns Xosé Manuel e Ramón Trigo presentan no Rosal tres novelas gráficas ambientadas no Baixo Miño e na ría de Vigo  

O acto será mañá venres, ás 20.00 horas na sala de exposicións do Concello  




Infogauda / O Rosal

 Os irmáns Xosé Manuel e Ramón Trigo Vicente presentarán mañá venres día 5 de novembro, ás 20.00 horas, na sala de exposicións do Concello do Rosal tres novelas gráficas ambientadas no Baixo Miño e na ría de Vigo. O acto está organizado polo Colectivo Carballas co apoio do Concello. 

 A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima á veciñanza a asistir á presentación para desfrutar das grandes historias e ilustracións que se mostrarán nunha exposición que facilitarán os autores.  

 Os irmáns Xosé Manuel e Ramón Trigo son, respectivamente, o guionista e o debuxante das tres novelas situadas no sur do Galicia, ambos son de Vigo. “O burato do inferno” trata sobre o fenómeno do contrabando no Baixo Miño e no norte de Portugal; “Ricardo Mella, o home novo” relata a vida do escritor e pensador libertario, un dos teóricos máis brillantes do anarquismo español é natural de Vigo; e “Lobada” debuxa a historia da II Guerra Mundial en Galicia, concretamente na cidade olívica.  

 Os irmáns Trigo xa levan varias obras xuntos. Ademais Ramón Trigo como autor e ilustrador publicou en diversas editoriais máis de trinta libros ilustrados. Entre eles: Leviatán” (Premio Lazarillo, Premio Isaac Díaz Pardo, Editorial Kalandraka); “Yo vivía en el fin del mundo” (Premio Cabildo de Gran Canaria, Editorial Edelvives) e “Casa vacía” (Premio Ciudad de Alicante, Editorial Anaya).

Ningún comentario:

Publicar un comentario