ATLETISMO
A MARCHADORA MILU RODRÍGUEZ, DE A GUARDA, CAMPIOA DE ESPAÑA MÁSTER 45, DE 3000 METROS
EDU GARCÍA FERNÁNDEZ, TAMÉN DE A GUARDA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA MÁSTER 45, DE 800 METROS LISOS BAIXO TEITO
Informa: Sociedade Atlética do Trega
Excelente fin de semana para os Másteres 45 do Atletismo Trega, de Tomiño, a cargo de Emilia Rodríguez Baz (Milu) e Edu García Fernández.
A pista cuberta de atletismo de Ourense (Expourense), acolleu onte sábado 27 de novembro de 2021, o XXXII Campionato de España de Atletismo Máster.
Na xornada de mañá a marchadora guardesa Milu Rodríguez, partía coa mellor marca mínima, e así foi, non nos defraudou, dominando a proba de principio a fin, parando o crono cun tempo de16´ 22" 87 e proclamandose campioa de España unha vez máis, nos 3.000 metros en pista cuberta.
Xa na xornada de tarde, tivemos outra alegría. Veu a cargo doutro guardés, que se estreou no medalleiro nacional: Edu García, coñecido como "Matu". Neste caso partía coa terceira mellor marca, pero sorprendentemente cunha marca de 2´ 05" 73, fíxose co subcampionato na proba de 800 metros lisos baixo teito.
Con estas dúas medallas queda reflectido unha vez máis o talento deportivo máster, que ten O Baixo Miño, e que non importa a idade, levando todo o máis alto ao Atletismo Trega, de Tomiño, vaian onde vaian.
Felicidades chicos! Tamén aos seus adestradores. A seguir así, colleitando novos retos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario