A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA CELEBROU SEU CONCERTO DE SANTA ICÍA
· Ao carecer dun multiusos, tivo lugar no salón principal da centenaria sociedade Recreo Artístico Guardés
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo de dous anos - á ocasión precedente fora o día 23 de novembro de 2019 -, a Agrupación Musical de A Guarda pudo celebrar o tradicional concerto na honra de Santa Icía. En 2020 non pudo ser por causa da pandemia, e nesta ocasión foino, cumplindo en todo momento, as normas sanitarias indicadas polas autoridades competentes, ainda que o evento non tivo lugar nalgún dos dous lugares - igrexa parroquial de Santa María de A Guarda ou a Casa dos Alonso - doutras ocasións. No primeiro dos lugares citados, porque, como explicou David Álvarez Mariño, presidente da Agrupación Musical de A Guarda, debido á normativa aplicable ás bandas, habería que suprimir varias bancadas para cumplir á distancia entre sí dos compoñentes, e tamén a da banda, respecto ao respectable público. A iso habería que engadirlle ese labor previo e posterior ao concerto, e que implicaría á imposibilidade de celebrar o concerto nese lugar debido á celebración eucarística das 19:00 horas.
Por outra banda, na Casa dos Alonso, tampouco podería ser, por haber outra actividade: á XXV ExfiMiño, exposición filatélica incluída nas actividades de homenaxe ao escritor Eliseo Alonso. Dese xeito, a xunta directiva da Agrupación Musical de A Guarda decidiu dirixirse as seus homólogos da sociedade Recreo Artístico Guardés, obtendo desde un primeiro momento todas ás facilidades para poder organizar o concerto, feito que en nome da xunta directiva expresou seu agradecemento as persoas que forman parte da dirección da centenaria sociedade.
Dito isto, unha vez máis quedou ben patente á carencia de un multiusos municipal onde se poidan celebrar este tipo de actividades, e onde haxa espazos para ensaios dos músicos, e por suposto, que sirva para representacións teatrais, presentacións,... A Guarda precisa un verdadeiro centro cultural con aforo non inferior ao que tiña o desaparecido Cine-Teatro Avenida, que fora inaugurado en 1944 e pechou definitivamente súas portas en marzo de 2005, e que por desgraza non soubemos conservar, sendo "pasto" da piqueta. E dese xeito tan cruel, a cidadanía de A Guarda quedouse sen cinema e sobor de todo, sen un local cuxas características permitían diversidade de actos culturais, sociais, etc..
Desde ese triste episodio de perda patrimonial, levamos 16 anos laiándonos da falla de altura de algúns cargos públicos, máis a responsabilidade non é exclusiva de quen nos representa a nivel municipal. A responsabilidade é compartida: da sociedade civil e das persoas que ostentan á nosa representación como veciños.
En calquer caso, ao tratarse dun ben material reemprazable - se hai vontade, obviamente -, pódese tratar de correxir á situación actual, comezando por plantexalo no foro que corresponde - pleno do Concello de A Guarda - e a partires de aí, decidir onde se podería ubicar o multiusos, redactar un anteproxecto técnico, dotado de orzamento económico e poñerse a traballar na procura da necesaria financiación supramunicipal para tentar lograr esa infraestructura no prazo de tempo máis breve posible.
Calquer outra opción sería continuar como estamos, e iso non é de xustiza para unha localidade que conta con tantos colectivos socio-culturais, que precisan dun lugar axeitado onde ensaiar e presentar seu labor diante do respectable.
No que respecta ao concerto da patroa dos músicos, temos que decir que en primeiro lugar actuaron os máis novos, integrantes do Grupo de Iniciación, que dirixidos por José Antonio Soutelo Muñoz, actuaron por primeira vez en público, e interpretaron:
· Smoke on the water, de R. Blakmore.
· La la land, de J. Hurwitz.
· Piratas del Caribe, de K. Badelt.
· Alaska, de Alaska.
A continuación fixo súa presentación á Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta.
Durante o concerto procedeuse á entrega da insignia da Agrupación a todos os compoñentes que comezaron este ano na banda, así como os que comezaron no 2020 que quedaran pendentes por mor da pandemia. Dándolles á benvida aos novos músicos, e co desexo dunha longa traxectoria musical, os novos membros da Banda de Música son: María González (saxofón), Iker Baz (trompeta), Alejandra Lomba (frauta), Sara Pacheco (trompeta), Lucas Vicente (saxofón), Marta Lomba (clarinete), Lucía Lomba (clarinete), Emma Álvarez (clarinete), Paola Álvarez (saxofón), Yolanda González (frauta) e Lara Lorenzo (frauta).
Na súa actuación, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda interpretou o seguinte programa:
· Música y vinos (pasodoble), de Manuel Morales Martínez.
· A song for Japan, de Steven Verhelst.
· La ruta del Cid, de David Rivas. Actuou como pianista acompañante, Antonio González Uris.
· Vals nº 2, de D. Schostakovich.
· Medley boleros, de José Molina Comino.
No intermedio da actuación o director dirixiuse ao público, formado maioritariamente por persoas adultas que teñen nenas/os na Agrupación Musical de A Guarda, e tamén persoas máis mozas, que acudiron cos seus maiores, para animar as nais, pais e avós, a que apoien a seus fillos/as ou netos/as se queren entrar a formar parte desta entidade cultural, porque van ser o futuro desta entidade.
Explicou tamén, que debido á pandemia, os ensaios non foron como sería desexable. Ainda así, cando foi posible houbo ensaios nos que participaban unha decena de participantes en cada un deles. Primeiro un grupo, logo outro,..., e dese xeito foise mantendo a estructura da Agrupación Musical de A Guarda.
Víctor Luis Alonso, tamén tivo unhas verbas de apoio ás persoas que forman parte da xunta directiva da Agrupación Musical de A Guarda, fundamentales para que á entidade poida continuar súa traxectoria.
Finalmente, como agradecemento a magnífica resposta do respectable público, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda interpretou outras dúas pezas que inicialmente non estaban no programa.
Dese xeito, o Concerto de Santa Icía foi unha oportunidade magnífica para reencontrarse os músicos co público e sentir de preto seu apoio e seu agarimo. E ao mesmo tempo unha motivación a maiores para continuar desfrutando coa música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario