22 de nov. de 2021

DEPORTES

NIEVES DEL CARMEN SILVA MARTÍNEZ, DE CAMPOSANCOS, CAMPIOA DE ESPAÑA DE REMO ERGÓMETRO

Logrouno en Navia (Asturias)


Nieves del Carmen Silva Martínez - no centro do podio - flanqueada por Candela Martínez Pernas e Marta Ruiz Huerta, coas súas respectivas medallas logradas no XIX Campionato de España de remo ergómetro
Foto: Cedida


Infogauda / A Guarda

 A remeira Nieves del Carmen Silva Martínez, de Camposancos (A Guarda), do Club de Remo Tui, vén de gañar o pasado sábado día 20 de novembro, o campionato de España de remo ergómetro, na categoría cadete feminina, 1.500 metros, logrando un crono de 5:35.2. A 2ª posición foi para Candela Martínez Pernas, do Club de Remo Cedeira, con un tempo de 5:39.5, e a 3ª posición foi para Marta Ruiz Huerta, do Club de Rem Badalona, con un rexistro de 5:41.8.

 O evento deportivo - XIX Campionato de España de remo ergómetro -, organizado pola Federación Española de Remo e o Club Náutico Remeros del Navia, tivo lugar no Complejo Deportivo Municipal de "La Granja", de Navia (Asturias). 

 Asemade, neste mes de novembro, Nieves del Carmen Silva Martínez participou na convocatoria test de ergómetro de 2.000 m., equipo nacional xuvenil, logrando un crono de 7:31.0, e acadando á 3ª posición na táboa clasificatoria.

UN 2021 DE COR DOURADA PARA NIEVES DEL CARMEN SILVA MARTÍNEZ

 Nieves del Carmen Silva, de tan soio 15 anos de idade, xa conquerira no mes de febreiro deste 2021, en Castrelo de Miño (Ourense), o campionato de España de remo de longa distancia, na modalidade esquife, categoría cadete feminina. 

 Por outra banda, en maio, logrou en Castrelo de Miño, a medalla de ouro na modalidade esquife  cadete feminina. Posteriormente, o día 12 de xuño, tamén na devandita localidade ourensá, conqueriu unha medalla de ouro, tamén na modalidade esquife, no Campionato Galego de Remo Olímpico. E o día 20 dese mesmo mes, proclamouse campioa de España de Remo Olímpico, na distancia de 1.500 metros, categoría cadete feminina.   

 A deportista guardesa fixo unha valoración moi positiva, salientando que saiulle unha tempada redonda, e afirmou que para 2022 vai procurar mellorar o seu rendemento e por conseguinte tamén os tempos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario