2 de nov. de 2021

DEPORTES

 ATLETISMO

Nova vitoria do atleta guardés Álex Sierpes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño 

No  XXVII Cros Internacional de Soria, 2021


Álex Sierpes - no centro da imaxe - no acto de entrega dos trofeos

Informa: S. A. do Trega

 Esta pasada fin de semana, na ponte de Todos os Santos, desprazáronse ata terras de Castela-León, concretamente ao circuíto Valonsadero (Soria) situado a mil metros de altitude,  os irmáns  Sierpes Pereira, para competir, sendo o máis destacado, sen dúbida, o benxamín dos Sierpes. 


Álex Sierpes en plena carreira liderando a proba Sub-14 masculina

 Nunha xornada que quedaría marcada polo frío, choiva e vento en contra, durante todo o transcurso da proba, Álex Sierpes participou na carreira correspondente a categoría Sub-14 masculina,  percorrendo unha distancia de 2.300 metros. Fixo dúas voltas - unha A e unha B  - ao circuíto, impóndose claramente aos demáis atletas, entrando en meta moi destacado, cun tempo de 7´52", por diante de Álex Sangil Casado, de Valencia, e de Lander  Payne  Seyller, de Madrid, que entraría en 3ª posición.

Felicidades Álex!

Ningún comentario:

Publicar un comentario