A unidade móbil de doazóns de sangue visitará próximamente A Guarda
• Os días 10 e 11 de decembro
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue visitará próximamente a vila de A Guarda. Será o venres día 10 de decembro, en horario de 10:15 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado día 11 de decembro, de 10:15 ás 15:00 horas.
Este autobús estará emprazado na rúa Rosalía de Castro, fronte ao Centro Cultural.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadáns, o solidario xesto de doar sangue.
Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Asemade, informar ao médico da unidade móbil, se estamos tomando algún medicamento. É desexable solicitar cita para doar, chamando ao telefono gratuíto 900 100 828.
Ningún comentario:
Publicar un comentario