25 de nov. de 2021

A GUARDA

A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA CELEBRARÁ O CONCERTO DE SANTA ICÍA

Este sábado día 27 de novembro, ás 19:00 horas, no Recreo Artístico Guardés




Infogauda / A Guarda

 Desde á xunta directiva da Agrupación Musical de A Guarda veñen de participarnos á celebración do concerto de Santa Cecilia, que terá lugar o sábado día 27 deste mes de novembro, ás 19:00 horas, no Recreo Artístico Guardés. Nese evento participarán o Grupo de Iniciación e a Banda de Música.

 "Como sabemos, o ano pasado non se puido celebrar por causa da pandemia. Este ano decidimos facer un pequeno concerto co fin de facer entrega da insignia da Agrupación aos novos músicos que comezaron este ano e tamén o 2020, que quedaran pendentes. É importante para os rapaces e rapazas recibir esta pequena distinción xa que así séntense máis integrados no grupo", comentou Tere Castro Martínez, compoñente da directiva.  

 "Como novidade - engadiu Tere Castro -, este ano por primeira vez non será na igrexa parroquial. O motivo é que co distanciamento entre músicos e ata o público que marca o prococolo COVID das bandas, teriamos que retirar moitas máis bancadas e non quedaría moito espazo para o público. Como sabes non hai un espazo público onde poder celebrar un concerto no inverno. A Casa dos Alonso acolle outras actividades e afortunadamente, a directiva do Recreo Artístico Guardés prestounos desinteresadamente o seu local para ubicar este evento. O aforo é tamén reducido (...)".

Ningún comentario:

Publicar un comentario