27 de out. de 2021

VIGO

Convocatoria protesta Ilunion-ONCE

Este xoves 28 diante da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía, 16) de 11:00 a 12:00 horas


Infogauda / Vigo

 A CIG desenvolverá unha concentración este xoves 28 diante da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía, 16) de 11:00 a 12:00 horas para denunciar a precariedade que padece o persoal de Ilunion Servicios Industriales Galicia, un dos seus Centros Especiais de Emprego (CEE), así como os altos ritmos de traballo ao que está sometido e a falta de formación obrigatoria.  

 Dende a federación de Industria explican que os 620 traballadores/as de Ilunion, que prestan servizo en compañías do sector da automoción como Stellantis, Benteler, Lear e Denso, padecen unhas elevadas condicións de precariedade -perciben o salario mínimo interprofesional- e uns altos ritmos de traballo. Ademais, non reciben a formación obrigatoria establecida por lei, algo especialmente grave tendo en conta que se trata de persoas con capacidades especiais, tanto físicas como psíquicas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario