11 de out. de 2021

VIGO

O persoal de Vitrasa suspenderá os paros despois de  que a empresa se amosase disposta a negociar 

A concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo  convocou o comité e unha xuntanza o vindeiro día 21 


                                                                                                     Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, vén de  anunciar que suspenderá os paros indefinidos o vindeiro luns 18 despois de que a dirección da  compañía convocase a representación do persoal a unha xuntanza, que terá lugar o día 21. 

 Con todo, dende o comité queren deixar claro que retomarán as mobilizacións -incluíndo unha  convocatoria de folga total indefinida- no caso de que as negociacións rematen sen acordo.  

 Ao mesmo tempo, anuncian a celebración dunha asemblea o sábado 23 para informar ao conxunto  do cadro de persoal sobre o resultado das conversas e dos seguintes pasos a dar no caso de que non  se poña fin ao conflito laboral. 

 Finalmente, dende a representación sindical agradecen o compromiso do persoal de condución coa  loita contra o exceso de xornada, para rexeitar os incumprimentos da empresa e en demanda de  melloras laborais e animan os traballadores/as a continuar secundando os paros do mesmo xeito  que o veñen facendo até o próximo luns 18. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario