ATLETISMO
NOVA VITORIA DO ATLETA ÁLEX SIERPES PEREIRA, DE A GUARDA
Na 67 edición do Cros Internacional Zornotza (Amorebieta)
Informa: S.A. do Trega
O domingo 24 de outubro de 2021 celebrouse nas campas de Jauregibarria, en Amorebieta-Etxano, a 67 edición do Cros Internacional Zornotza onde se deu o pistoletazo de saída, ao mellor circuíto do mundo. Este cros, é un dos oito etiquetados en España como "Gold" (Ouro, en galego), polo World Athletics Cross Country Tour, que traducido a nosa língua vén sendo Xira Mundial de Atletismo Campo a Través.
O máis destacado do noso Club Sociedade Atlética do Trega, foi Álex Sierpes Pereira, que na categoría Infantil (Sub-14) masculina (ano de nacemento: 2008-2009), correu unha distancia de 2.700 metros, parando o crono en 8´50’’ quedando primeiro na súa categoría e facéndose coa medalla de ouro.
Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario