O Concello de A Guarda oferta en novembro dous obradoiros gratuítos
Para empresas de comercio e hostalaría
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local oferta dous obradoiros de xeito gratuíto dirixidos a comercio e hostalería, que impartiranse no mes de novembro.
Estes obradoiros están enmarcados na campaña de apoio a o comercio local, iniciada xa o ano pasado por mor da situación sanitaria e que, desta volta, inclúe un obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais e outro sobre posicionamento de empresas no mapa con Google My Business.
Os obradoiros - cuxas prazas son limitadas - teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao teléfono 986 610 000 (extensión 7) ou remitindo un correo electrónico a informacion@aguarda.es
No obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais, os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. Terá lugar o venres 12 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.
O obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de Google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas en liña. Terá lugar o venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario