16 de out. de 2021

DEPORTES

As axudas reto con igualdade Galicia-Tokyo chegan ao 100% dos deportistas olímpicos e paralímpicos que as solicitaron  

Coa última resolución publicada, xa foron realizados todos os pagos os deportistas que recibiron as súas contías pertinentes en tres quendas


Os 40 deportistas olímpicos e paralímpicos galegos que asistiron aos Xogos de Toquio recibiron máis de 250.000 euros euros a cargo da liña de ‘Axudas Reto Galicia Tokyo con Igualdade 2021

Fotos: X.G.


Infogauda / Santiago de Compostela

 Os 40 deportistas olímpicos e paralímpicos galegos que asistiron aos Xogos de Toquio recibiron máis de 250.000 euros euros a cargo da liña de ‘Axudas Reto Galicia Tokyo con Igualdade 2021’, froito da colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 Segundo as bases existen catro tipos de axudas: Axuda Reto con Igualdade Galicia-Tokyo 1 para os que teñan participado representando ao equipo olímpico/paralímpico español en catro ou máis edicións anteriores xa celebradas dos XXOO/XXPP ou acadaran medalla nalgunha participación olímpica/paralímpica (10.000 euros), Axuda Reto con Igualdade Galicia-Tokyo 2 para os que teñan participado representando ao equipo olímpico/paralímpico español en tres ou menos edicións xa celebradas dos XXOO/XXPP e non acadaran medalla (8.000 euros), Axuda Reto con Igualdade Galicia-Tokyo 3 para os que non teñan participado en edición anterior algunha dos XXOO/XXPP (5.000 euros) e Axuda Reto con Igualdade Galicia-Tokyo D.A. para os deportistas que acrediten competir como deportistas de apoio ou guía de deportistas DGAN paralímpicos/as ou de deporte adaptado clasificados para os XXPP ou DGAN que exerzan como deportistas de apoio ou guía de outros deportistas paralímpicos/as clasificados para os XXPP (50% da axuda do deportista).

 Coa última resolución publicada, xa foron realizados todos os pagos os deportistas que recibiron as súas contías pertinentes en tres quendas.

 Ao abeiro da primeira resolución, con data 22 de xullo, recibiron as axudas Agustín Alejos, Javi Gómez Noya, Támara Echegoyen, Teresa Portela e Sebastián Rodríguez Veloso (10.000 euros); María Bernabeu, Martín de la Puente e Francisco Garrigós (8.000 euros), Julia Benedetti, Daniel Castro, Caetano Horta, Nico Rodríguez, Niko Sherazadishvili e Álex Vidal (5.000 euros); e Gustavo Rodríguez e Celso Comesaña (2.500 euros).

 Na segunda resolución, con data 23 de agosto, recibiron as axudas Tamara Abalde e Iago López Marra (8.000 euros); e Raquel Carrera, Alberto Gaitero, Jacobo Garrido, Adiaratou Iglesias, Antía Jácome, Adrián Mosquera, Enmanuel Reyes e Desirée Vila (5.000 euros).

 Na terceira e última resolución, con data 11 de outubro, recibiron as axudas Gustavo Nieves e Juan Antonio Saavedra (10.000 euros); Rodrigo Germade (8.000 euros); e Alberto Abalde, Vicky Alonso, Carlos Arévalo, Adrián Ben, Rodrigo Corrales, Alicia Fernández, Manuel Lorenzo, Ana Peleteiro, Belén Toimil e Iván Villar (5.000 euros).
Cómpre salientar que Susana Rodríguez Gacio foi a única deportista galega que acadou dúas axudas (8.000 e 2.500 euros) por participar en dúas probas (paratríatlon e atletismo adaptado).

 Grazas a esta iniciativa, a Xunta e os deportistas olímpicos e paralímpicos deseñan e transmiten contidos relacionados coa loita pola tolerancia, igualdade e non violencia no deporte e na vida, entendendo esta actuación como un medio fundamental para a educación da sociedade sen discriminación e que incumbe a todas as persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario