17 de out. de 2021

CULTURA

AUDIOVISUAL

VI Edición dos Premios CREA 2021 

Margarita Ledo recoñecida co Premio de Honra 

· A realizadora Beli Martínez, de A Guarda, recibiu a Mención especial á visibilidade do cinema galego no exterior 


Membros da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización na xuntanza da VI Edición dos Premios CREA 2021

Fotos: CREA
A productora Beli Martínez, no momento de rocoller  o seu galardón
CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización) celebrou esta fin de semana a súa habitual xuntanza de asociadas



Infogauda / Santiago de Compostela

 CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización) celebrou esta fin de semana a súa habitual xuntanza de asociadas, na que tivo tamén lugar a VI Edición dos Premios CREA 2021, un evento onde se recoñece non só a labor na dirección e na realización dos traballos audiovisuais realizados durante o último ano, senón que tamén se destaca a aquelas entidades ou persoas que loitaron tanto pola visibilidade do cinema galego no exterior como pola promoción da igualdade de xénero. 

Fixéronse entrega dos seguintes galardóns:

• Premio de Honra – Margarita Ledo 

• Mención especial á promoción da igualdade de xénero – Mulleres no Foco da Deputación de Pontevedra e CIMA 

• Mención especial á visibilidade do cinema galego no exterior – Beli Martínez 

• Mellor Dirección de Longametraxe de Ficción – Fon Cortizo, por 9 Fugas 

• Mellor Dirección de  Serie de Tv. – Jorge Coira, por Hierro T.2 

• Mellor  Dirección de Longametraxe Documental – Sonia Méndez, por A poeta analfabeta 

• Mellor Dirección de  Curtametraxe Documental – Xacio Baño, por Augas abisais 

• Mellor Dirección de  Curtametraxe de Ficción – Noemí Chantada. por Xoves de comadres 

• Mellor Dirección de  Obra Experimental – Juan Lesta, por 1,34943x10e4 

• Mellor  Dirección de Spot ou Campaña – Ex Aequo para Illa Bufarda (Adriana P. Villanueva, Sabela Iglesias e Pilar Abades), por Eu fico e Mergúllate, le en galego

• Mellor Dirección de Videoclip – Manu Viqueira, por Ratas de Soziedad Alkohólika 

• Mellor Dirección de Web serie – Lucía Estévez, por Xan Serie  

Ningún comentario:

Publicar un comentario