Medos Romero gaña o XIX Premio de Poesía Afundación, co que colabora a Xunta de Galicia
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salienta o papel do certame para reforzar a produción poética en galego durante os últimos vinte anos
Foto: X.G.
Infogauda / Santiago de Compostela
A autora Medos Romero (As Pontes, 1959) fíxose esta tarde co XIX Premio de Poesía Afundación, promovido por Afundación, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, felicitou a gañadora que pasa a formar parte “dunha nómina de calidade da poesía galega contemporánea” e desexoulle “máis éxitos no futuro, porque isto sempre será unha boa nova para a literatura e a cultura galegas”. Tamén salientou o nivel literario deste certame ao conseguir reforzar a produción poética en galego nos últimos 20 anos.
O premio de Poesía a Fundación, comezou o seu percorrido no ano 2002. Neste tempo resultaron gañadores os poetas galegos Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo, Miguel Sande ou Orianda Méndez, gañadora da anterior convocatoria.
O galardón, que implica a publicación do libro na colección Arte de trobar e unha dotación económica de 6.000 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario