14 de out. de 2021

A GUARDA

Festivos locais para o ano 2022 na Guarda  

Serán o sábado día 16 de xullo (festividade da Virxe do Carme) e o venres día 23 de setembro (festividade de Santa Trega).  


Vistade A Guarda desde o Monte Santa Trega
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A Corporación Municipal do Concello de A Guarda, en sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado venres día 1 de outubro de 2021, aprobou os festivos locais para o ano 2022.  

 Tendo en conta a necesidade de remitir á Consellería de Traballo e de Benestar Social o acordo plenario de determinación de festivos locais, a Corporación Municipal, por maioría, decidiu manter as datas do 16 de xullo (festividade da Virxe do Carme) e do 23 de setembro (festividade de Santa Trega).  

 A proposta prosperou cos votos a favor dos grupos municipais PSdeG-PSOE, Partido Popular e Converxencia Galega; e coa abstención do Grupo Municipal do BNG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario