3 de out. de 2021

A GUARDA

XUSTIZA PARA O MONTE GUARDÉS




Plataforma de Afectadxs pola Comunidade de Montes en Man Común da Guarda  

 O 1 de outubro de 2018, 30 veciñ@s da Guarda decidimos solicitar en bloque a nosa entrada na Comunidade de Montes da Guarda. Hoxe, 3 anos despois, seguimos sen ser comuneir@s.   

 Durante estes 3 anos tentamos por activa e por pasiva, formar parte desta asemblea de viciñ@s que xestiona o noso monte, sen conseguilo. Mentiras, contos e promesas foi o único que conseguimos obter durante este longo proceso, pero hoxe podemos dicir por fin que iso acabouse; este 5 de outubro o Xulgado número 3 de Tui, decidirá por fin se temos dereito a ser comuneir@s ou non.   

 De termos o dereito a selo, como firmemente acreditamos, emprenderemos o treito final do noso camiño por facer da Comunidade de Montes da Guarda, un organismo democrático, asemblear e de tod@s e cada un/ha d@s suas/seus viciñ@s.    

 Viva o monte comunal.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario