29 de out. de 2021

A GUARDA

Arranca o Obradoiro de Emprego Dual no que se formarán 20 persoas desempregadas  

Trátase do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII, orientado á atención sociosanitaria en institucións e á promoción turística local e información ao visitante.   



O alcalde de A Guarda e a concelleira de formación, dirIxíndose ao alumnado no acto de comenzo do novo obradoiro de emprego

Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, concedeu para o Concello de A Guarda un novo obradoiro de emprego de formato dual, trátase do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII, orientado á atención sociosanitaria en institucións e á promoción turística local e información ao visitante.   

 Este novo obradoiro, que comezou esta semana, conta con 20 participantes, dez en cada unha das modalidades.  Todas as persoas que participan no obradoiro beneficiaranse dunha formación específica durante os próximos nove meses, realizando ademais traballos e servizos de interese xeral e público a prol da sociedade incluídos en cada proxecto, e ademais poderán optar a prácticas en empresas da contorna ao remate do obradoiro.  

 Trátase dun programa de formación moderno, dual, orientado a persoas desempregadas, para mellorar a súa empregabilidade, posibilidades de futuro e inserción laboral, que ademais van recibir unha remuneración durante nove meses. 

 Esta formación, que conta cun orzamento de 347.000 euros, contribuirá tanto ao seu beneficio persoal, mellorando a súa capacitación, como ao  da comunidade.  


Ningún comentario:

Publicar un comentario