26 de out. de 2021

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará proximamente á vila

 Estará diante do Centro Cultural, o venres día 5 e o sábado día 6 de novembro 

 

Unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia 
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará A Guarda proximamente. Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural), o venres día 5 de novembro, en horario de 10:15 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado día 6, de 10:00h ás 15:00h. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadáns o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. 

 Asemde, debemos informar ao médico se estamos  tomando algún medicamento. 

 É desexable solicitar cita para doar no teléfono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:

Publicar un comentario