Charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe na Guarda
• Un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.
• O Concello de A Guarda continúa deste xeito co Plan de Compostaxe Municipal que este ano permitiu xa repartir de máis de 200 composteiros individuais.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza entre outubro e novembro un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.
Dese xeito, o Concello de A Guarda continúa co Plan de Compostaxe Municipal que este ano xa permitiu repartir máis de 200 composteiros individuais, cuns kits de compostaxe que constan dun composteiro individual, aireadores e termómetros, mercados pola Concellería de Medio Ambiente a través dunha subvención do Servizo de Residuos da Xunta de Galicia.
A primeira charla terá lugar o 28 de outubro ás 18:00h no local da Asociación de Veciños o Percamiño, na Gándara; seguindo o 4 de novembro ás 20:00h na Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos; o 11 de novembro ás 19:00h no Local Social do Castro (Avda. San Lourenzo), e finalizando o 18 de novembro ás 19:00h no Centro Social de Salcidos (A Portela).
A técnica municipal de Medio Ambiente será a encargada de ensinar aos asistentes ás charlas é o funcionamento dos composteiros e o aproveitamento da compostaxe na vida diaria, cunha breve formación e explicación do Plan de Compostaxe Municipal.
Para calquera dúbida sobre as charlas as persoas que o desexen poden contactar no 676 674 837 ou no correo electrónico medioambiente@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario