8 de set. de 2021

TURISMO

O 90 Encontro Internacional da FICC 2021 abrillantou a pasada fin de semana na Guarda

Máis de 200 persoas campistas e caravanistas de 14 países do mundo, atópanse no camping Santa Tecla, participando nesta acampada internacional.  


Mª Montserray Magallanes, tenente alcalde de A Guarda, nun momento da súa intervención no acto de apertura oficial do 90 Encontro Internacional da FICC 2021
Mª Montserray Magallanes e Rafael Martínez, nun momento da entrega de agasallos a José Vicente Clemente, presidente da FECC e a Joâo Alves, presidente da FICC
Membros das diferentes delegacións de campistas, escoitan ás intervencións dos intervinientes no acto oficial de apertura  do 90 Rally Internacional da Federación Internacional de Camping e Caravanig (FICC) 2021

Infogauda / A Guarda

 En 2020 a Federación Española de Clubs Campistas (FECC) propuxo celebrar no Concello de A Guarda (Galicia) o 90 Rally Internacional da Federación Internacional de Camping e Caravanig (FICC) 2021, que dende o venres día 3 e  ata o vindeiro domingo día 12 de setembro, está tendo lugar nas instalacións do Camping Santa Tecla, de Salcidos.  

 A pesar das dificultades, consecuencia da situación sanitaria, nesta edición participan unhas 200 persoas procedentes de España e doutros 14 paises europeos, como Portugal, Francia, Holanda, Suecia, Polonia, Eslovaquia,..., destacando aos participantes chegados dende Corea.   

 Durante estes días de convivencia, os campistas desfrutan de degustacións, demostracións de produtos locais, actuacións musicais e tamén de excursións ao Monte Santa Trega e roteiros pola desembocadura do río Miño. 


O grupo folclórico Xamaraina, de A Guarda, participando no desfile
Membros da comitiva de Corea do Sur participando no desfile
Campistas procedentes de Portugal no desfile do 90 Encontro Rally Internacional
Membros das delegacions de Francia,  Gran Bretaña e Holanda, participando no desfile


 O pasado domingo día 5 de setembro celebrouse o acto de inauguración oficial do 90 Encontro Rally Internacional coa presenza das autoridades e os representantes das federacións de cada país asistentes.  Ese acto iniciouse ás 10:00h co desfile de todas as delegacións dos países participantes, e contou tamén coa intervención do grupo folclórico Xamaraina, con indumentaria, música e bailes tradicionales. Nese evento destacou a comitiva de Corea do Sur, a máis animada e numerosa. 


Carmela Sila, presidenta da Deputación de Pontevedra - no centro da imaxe, agachada -, con Mª Monserrat Magallanes - 4ª pola der., de pe -  e Rafael Álvarez - 1º pola esq. de pe -, xunto con membros da organización 
 

 Tralo desfile, os campistas participaron nunha ceremonia oficial de inauguración que contou coa asistencia de Mª Montserrat Magallanes, tenente de alcalde do Concello de A Guarda; Rafael Álvarez, concelleiro de Turismo; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; e Ana Mejías, deputada provincial, entre outras autoridades convidadas. 

 Miguel Merino, vicepresidente da Federación Española de Clubes Campistas (FECC), organizadora do encontro, foi o encargado de dirixir este acto oficial de inauguración, presentando ás diferentes delegacións.  

 José Vicente Clemente, presidente da FECC, agradeceu traballo da comisión organizadora deste encontro, que foi implementado en pouco tempo, aproveitando a ocasión para agradecer tamén aos asistentes o apoio recibido nestes momentos de pandemia, recordando ás delegacións internacionais que non puideron asistir polas restricións da COVID-19. 

 Mª Montserrat Magallanes, tenente de alcalde de A Guarda, agradeceu á FECC a organización deste encontro de campistas na Guarda, e desexou a todos os presentes que a súa estadía na nosa vila sexa unha gran experiencia, grazas a todos os recursos naturais e patrimoniais do municipio. 

 Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, recoñeceuse como caravanista e campista, asegurando que durante moitos veráns desfrutou do camping na comarca do Baixo Miño. Recoñeceu que o caravanismo facilita coñecer os lugares e intercambiar con outras persoas xa que se xeran convivencias con outras familias. 

 Rematou o turno de intervencións Joâo Alves, presidente da FICC, quen agradeceu o esforzo da comisión organizadora da FECC, recordando a traxectoria destes encontros internacionais, estando seguro que este 90 Rally será un éxito porque a programación de actividades permite o intercambio cultural entre os participantes e coñecer en detalle A Guarda e Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario