Os Socialistas de Oia defenden a titularidade do Faro Silleiro por parte do Concello de Oia
Socialistas de Oia
Os Socialistas de Oia veñen de presentar por rexistro de entrada una moción na que piden que se esclareza a titularidade do Faro Silleiro, tendo en conta que fai non moito tempo o Concello de Baiona fixo alí actividades e obras anunciadas en prensa.
No pleno do 29 de novembro de 2018 se acordou por unanimidade iniciar a tramitación dun expediente para o deslinde entre o Concello de Oia e Baiona, debendo designarse una comisión formada pola alcaldesa e tres concelleiros da corporación xunto coa secretaria e un perito que designe o concello para verificar a operación a realizar, pero despois de tres anos non se tivo notificación de acción algunha ao respecto, nin expediente, nin comisión.
É por elo que os Socialistas de Oia veñen agora a solicitar que Cristina Correa, coma Alcaldesa de Oia, informe ante o pleno municipal das xestións realizadas ao respecto sobre este expediente de deslinde, así coma a designación da comisión. De igual xeito solicitan que o pleno adopte o compromiso da defensa da titularidade de Faro Silleiro por parte do Concello de Oia.
Os Socialistas de Oia queren que se adopten as medidas necesarias para deixar claro que o Faro de Silleiro está ubicado en terreos pertencentes ao Concello de Oia, concretamente na parroquia de Mougás, como se pode demostrar polos diversos documentos existentes.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario