A ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE TUI A FALTA DE PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN, POR PARTE DAS ADMINISTRACIÓNS
Na construcción do acceso ao Polígono Industrial de Areas desde a autoestrada
Asemblea Local do BNG de Tui
A Asemblea Local do BNG de Tui denuncia a falta de planificación e organización, por parte das administracións, na construcción do acceso ao Polígono Industrial de Areas desde a autoestrada.
E son varios os problemas que encontramos:
l.- Tras facer unha análise dos planos e do terreo, vemos que a saída finaliza cunha rotonda, que dá acceso a un túnel para poder entrar ao polígono. Este túnel ten sete metros de ancho por cinco de alto (un metro máis estreito que o túnel do Mercadona). Estas medidas, son,a todas luces, insuficientes para un novo acceso a un polígono industrial (os camións, por ex., pasarán de un en un).
Estas raquíticas dimensións previstas supoñen un freo ao avance do polígono e a implantación de novas empresas, pois sempre van quedar supeditadas as medidas impostas polo mesmo. Ademáis vai dificultar o acceso dos veciños aos seus campos e imposibilitará a colocación de beirarrúas para faciliar o paso dos peóns
2.- Tamén
consideramos unha tala arbitraria e sen sentido a dun sauce chorón efectuada
nun terreo municipal
3.- Por outra banda, o importe da expropiación do campo de xogos da Rexa entendemos que debe ser empregado noutra dotación deportiva para o barrio das Bornetas.
4.- Preocúpanos o estado da mina de auga afectada polas obras, e o acceso ás vivendas, nomeadamente o da casa que fica no medio.
Por todo o exposto, solicitamos ao goberno municipal, que supervise as obras, e que revise e estude as diferentes posibilidades coa máxima celeridade, xa que do contrario, despois de anos agardando un acceso imprescindible para o desenvolvemento do polígono industrial, este vai ser insuficiente e vai acarrear problemas de dificil e costosa resolución.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario