20 de set. de 2021

TOMIÑO

REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO




Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño

 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, segue traballando arreo para dar visibilidade ao deterioro que a Atención Primaria está a padecer. 

 Dende a Plataforma consideramos que é necesaria a implicación e a mobilización de toda a cidadanía de Tomiño e das Administracións para conseguir cambios de calado, pois a realidade post-pandemia pode deteriorar aínda máis os problemas estruturais que se arrastran dende hai tempo. 

 Lembramos o que esta Plataforma está a reivindicar: 

- O persoal que por poboación nos pertence... 

*10 médic@s (hai 8) 

*12 enfermeir@s (hai 9) 

*3 pediatras (hai 2) 

*4 auxiliares de enfermería (hai 1) 

*2 fisioterapeutas (non hai) 

*1 traballador/a social (non hai) 

*1 odontólogo (non hai) 

* 1 hixienista bucodental (non hai) 

- Que se reabra o Centro polas tardes. 

-Apertura do Consultorio de Goián. 

- Substitución de baixas laborais e vacacións do persoal. 

-Atencion presencial. 

-Ambulancia medicalizada para a comarca. 

 E aínda que sabemos da dificultade, non nos esquecemos da necesidade dun PAC. Por todo isto é polo que loitamos e polo que imos a seguir loitando. Damos as grazas á maioría da veciñanza que nos apoia, que nos axuda e que nos anima a continuar berrando. 

TOMIÑO EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario