2 de set. de 2021

OIA

Cortes de tráfico en Oia por mor do paso de La Vuelta este sábado

· O tráfico en Oia verase afectado, en total, desde as 14.00 ata as 16.15 horas. En cada barrio dependerá do horario sinalado entre o paso da caravana publicitaria e o último corredor.

 


  

Infogauda / Oia

 O equipo de goberno municipal que preside a alcaldesa Cristina Correa Pombal, fixo público o seguinte comunicado: "Este sábado, La Vuelta Ciclista a España percorrerá diversos puntos do concello de Oia. Procedentes de Tomiño, os corredores entrarán no municipio por Bonaval (EP-3101) e continuando por Burgueira cara a Loureza (EP-2202), Santa Comba e Mabia, para a continuación baixar cara a costa pola PO-3202 e percorrer as parroquias de Santa María de Oia - A Riña- (PO-552), Pedornes, Viladesuso e Mougás ata enlazar coa EP-2202 dirección Baiona.  

 Por mor do desenvolvemento desta competición deportiva, o Concello de Oia informa do seguinte itinerario oficial, horarios e cortes de tráfico:

 

ITINERARIO OIA

CARAVANA

39KM/H

37 KM/H

35 KM/H

BONAVAL

13:51

14:59

15:09

15:20

BURGUEIRA

13:54

15:02

15:12

15:22

REFOXOS

13:57

15:05

15:15

15:25

LOUREZA

14:01

15:07

15:17

15:28

COMIENZA PUERTO

14:01

15:08

15:18

15:29

SANTA COMBA

14:04

15:12

15:22

15:33

MABIA

14:06

15:15

15:25

15:36

ALTO DE MABIA

14:11

15:18

15:28

15:40

COMIENZA PUERTO

14:28

15:32

15:44

15:56

ALTO DE MOUGÁS

14:44

15:47

15:59

16:13


 Tendo en conta estes horarios, o tráfico en Oia verase afectado, en total, desde as 14.00 ata as 16.15 horas. En cada barrio dependerá do horario sinalado entre o paso da caravana publicitaria e o último corredor.  

La Vuelta 2021  

 Na súa edición de 2021, La Vuelta celebrará este sábado a súa etapa número 20, na que percorrerá varios puntos da provincia de Pontevedra, entre os que se inclúe o concello de Oia. A etapa terá unha lonxitude total de 202,2 km; partindo de Sanxenxo e finalizando en Mos (Castro de Herville)". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario