2 de set. de 2021

OIA

A Xunta de Galicia pon en valor a difusión arqueolóxica realizada polos participantes do campo de voluntariado de Oia 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, visitou hoxe as actividades 

Trátase dunha das novidades da campaña de verán deste ano que se desenvolverá ata o 8 de setembro nesta localidade 


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, e da alcaldesa de Oia, visitou hoxe os participantes no campo de voluntariado de Oia

Infogauda / Oia

 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, visitou hoxe os participantes no campo de voluntariado de Oia. Os membros do Executivo autonómico puxeron en valor a importante labor de difusión arqueolóxica realizada en varias zonas do Camiño portugués pola costa.

Foto de familia das autoridades e os participantes do campo de voluntariado de Oia


 As mozas e mozos que participan nesta actividade, de entre 18 e 30 anos, tamén están a coñecer varias localidades próximas como Viana do Castelo, A Guarda ou Tui. Esta actividade é unha das 13 novidades que se engadiron este ano á oferta de campos de voluntariado da Xunta. En total sumaron un total de 40 campos en diferentes zonas da Comunidade.

 Cristina Pichel sinalou que os campos de voluntariado, así como o resto de actividades da campaña de verán, permiten que a mocidade coide e coñeza o valor arqueolóxico e natural de Galicia. O campo de voluntariado rematará o vindeiro mércores 8 de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario