20 de set. de 2021

LABORAL

A CIG-Industria de Vigo gaña as eleccións sindicais en  Ilunion, centro especial de emprego do grupo ONCE 

A central sindical fíxose coa maioría absoluta ao obter 10 dos 17  representantes que se escollían no comité de empresa  


Infogauda / Vigo

 A federación de Industria da CIG de Vigo vén de gañar as eleccións sindicais que se celebraron este  venres en Ilunion, un centro especial de emprego pertencente ao grupo ONCE. A central fíxose coa  maioría absoluta ao obter 10 dos 17 representantes que se escollían no comité de empresa. 

 A CIG-Industria sumou un total de 261 votos dos 451 emitidos que foron válidos, fronte aos 190  contabilizados pola UGT, que conseguiu 7 delegados/as. Hai catro anos, cando o comité estaba  formado por 9 membros e non por 17 como agora, o sindicato estatal tiña 7 representantes,  mentres que a CIG contaba con 2. Neste tempo a central sindical logrou darlle a volta á  representación, até o punto de ostentar na actualidade a maioría absoluta no comité.  

 Ilunion é un centro especial de emprego pertencente ao grupo ONCE que presta servizo en  compañías da automoción viguesa como Stellantis, Lear, Denso ou Benteler, nas que emprega a 611  persoas que desenvolven labores de produción e loxística. 

 Dende a federación de Industria e dende a representación da central sindical en Ilunion agradecen o  apoio amosado polo cadro de persoal e adiantan a súa intención de loitar pola mellora das  condicións laborais do conxunto dos traballadores/as da empresa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario