14 de set. de 2021

BAIONA

O Goberno local profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio

Con tres días de programación, o 24, 25 e 26 de setembro


Posto de venda de noces e mel na romaría de San Cosme e San Damián, nunca edición precedente
Foto: C.B.


Infogauda / Baiona

 O Concello de Baiona abre o prazo para a presentación de solicitudes de venda ambulante durante a Festa do Mel e as Noces que se celebrará os próximos 24, 25 e 26 de setembro con motivo da romaría de San Cosme e San Damián.

 Nos distintos postos de venda ofertaranse produtos do campo, comida, artesanía ou plantas. A romería de San Cosme e San Damián esta organizada pola Concellaría de Cultura co obxectivo de manter viva as tradicións e costumes da vila. Debido ás circunstancias excepcionais nas que nos atopamos pola pandemia do COVID-19, o número de autorizacións de venda previstas será menor que en edicións anteriores anteriores, debido ao cumprimento da normativa COVID.  

 O prazo de solicitudes abriuse o 10 de setembro e pecharase o próximo 17 de setembro. A solicitude e a declaración responsable pódese descargar da páxina web do Concello de Baiona,  (para máis información porse en contacto no número de teléfono 986 385 921). As solicitudes deberán presentarse na data indicada por rexistro de entrada do Concello en horario de 9:00-14:00 h, ou pola Sede electrónica.  

 Entre o 24, 25 e o 26 de setembro, este primeiro festivo local en Baiona, ofícianse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecerán os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.  

 Durante tres días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces até froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía, etc. O mercado estenderase tamén pola rúa Marqués de Quintanar até a Glorieta de Colón.  

 Ademais, o mercado será amenizado coas actuacións de grupos folclóricos, pandeireteiras e pasacalles.  

 A través de “cultura no camiño” haberá unha homenaxe á tradición oral co espectáculo “Mulleres de sal, mulleres de terra” e a través de Agadic xunto coa Federación Galega de Bandas Populares teremos unha actuación dentro do programa “O país das bandas”, co que o Concello conta encher de contido estes tres días de romería.  

 Debido ás circunstancias excepcionais nas que nos atopamos ocasionadas pola pandemia do Covid-19, cada posto de venda deberá cumprir ademais, unha serie dos seguintes requisitos entre os que se atopa: as persoas que atendan o posto de venda deberán utilizar mascarilla obrigatoriamente e deberán velar que o público non se aglomere no seu posto e que manteñan a distancia de seguridade interpersoal; ter xel desinfectante a disposición do público. Así como calquer outra medida de prevención de contagios e restricións que determine a autoridade sanitaria no momento de celebrarse a romaría.  

 En canto á adxudicación das autorizacións, unha vez terminado o prazo de instancias, o día 23 de setembro procederase á concesión do posto e a información será publicada na páxina web municipal.  

 O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca que “O Goberno local profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con tres días de programación. Se aposta por a liña de recuperación e posta en valor do arraigamento desta tradicional festa. Trátase dunha celebración que suma legado e vangarda vinculada ao ámbito tradicional por iso desde o Concello de Baiona envorcámonos para que brille como se merece”.  

 Documentación necesaria para a solicitude de autorización de venda ambulante romaría de San Cosme e San Damián:  

Bases Reguladoras Convocatoria Autorización Posto Ambulante Romería de San Cosme e San Damián  

Solicitude Autorización de venda ambulante Romería de San Cosme e San Damián- Anexo I  

Modelo Declaración Responsable Romería San Cosme e San Damián- Anexo II

Ningún comentario:

Publicar un comentario