8 de set. de 2021

A GUARDA

Novas saídas náuticas pola costa de A Guarda 

· A bordo do volanteiro Piueiro, embarcación tradicional a vela 




Infogauda / A Guarda  

 Debido a alta demanda das saídas de navegación pola costa co volanteiro Piueiro, o Concello de A Guarda colabora novamente coa Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, ofrecendo novas viaxes en setembro para todas aquelas persoas que non puideron optar a praza na programación náutica de finais de agosto.  

 Esta actividade, duns 70 minutos de duración, permite descubrir esta embarcación tradicional a vela e inclúe navegación polo exterior do porto.  

 O venres día 10 de setembro ás 10:00 horas, abrirase o prazo de inscrición  para cubrir aquelas prazas aínda dispoñibles trala oferta aos inscritos en reserva nas saídas de agosto.  

 A inscrición realizarase presencialmente na Oficina de Turismo de A Guarda, sita na Praza do Reló, ou no teléfono 986 614 546.  

 A idade mínima para participar é de 10 anos. O limitado número de prazas dispoñibles é reducido polo que unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares.  

 As datas e horarios dispoñibles son: 

- Martes 14 de setembro: 16:00 – 17:30 – 19:00 

- Xoves 16 de setembro: 16:00 – 17:30 – 19:00 

- Venres 17 de setembro: 16:00 – 17:30  

Ningún comentario:

Publicar un comentario