14 de set. de 2021

A GUARDA

A Guarda gozou dun verán culturalmente activo e seguro 

Malia as restricións sanitarias, A Guarda adaptouse aos protocolos sanitarios para ofertar numerosas actividades culturais, turísticas e deportivas ao longo do verán.


Guadi Galego ofreceu no Portiño Novo, de A Guarda, un magnífico concerto, precedido pola actuación do grupo folk Na Revolta
Aspecto que presentaba a Praza do Reló, no casco antigo da vila, nun dos concertos deste verán
Fotos: C.A.G.


 Infogauda / A Guarda  

 O Concello de A Guarda ven de pechar a programación do verán 2021, caracterizada por unha programación realizada de acordo ás medidas sanitarias vixentes e con exhaustivos protocolos e medidas anti covid-19, que favoreceron a realización de actividades culturais con todas as garantías sanitarias.  

 "Dende o Concello de A Guarda se quere agradecer á poboación guardesa e visitantes o cumprimento destas medidas, así coma a alta participación nos diferentes eventos programados neste verán que ven de rematar, con actividades para toda a familia e todo os gustos, teatro, música, exposicións…", indican desde o goberno municipal.  


O alcalde e membros da Corporación Municipal con directivos e voluntarios da Asociación de Embarcacións Tradicionais Piueiro, no peirao de A Guarda, na presentación das viaxes a bordo do volanteiro Piueiro
Público e actores no poboado Mergelina, do Monte Santa Trega, na representación da Viaxe de Exería ao Castro

 Destacaron neste verán eventos coma A Guarda Diversa, Mar de Blues, Música nos xardíns, as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, Teatro no Trega, Ioga ao aire libre, viaxes no volanteiro - embarcación tradicional - Piueiro, o II Encontro do Libro Luso Galaico da Ribeira do Minho, a Mostra Creativa do Baixo Miño, e concertos de importante calado con artistas coma Guadi Galego, Na Revolta, Klason, entre outros.  


O alcalde de A Guarda e directivos do Club de Petanca O Caldeiro, cos participantes do I Torneo de Petanca Concello de A Guarda

 As xornadas de observación de estrelas e eventos deportivos coma o Torneo de Petanca, Campionato de Futvolei, caiac e de surf, tamén contaron cunha ampla participación.  

 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda organizou ao longo do verán varias actividades infantís e de animación a lectura, que congregaron un bo número de asistentes.  

 A falla de celebracións festivas con verbenas, que debido a pandemia non se pudieron celebrar, os pasacalles e espectáculos de animación na rúa puxeron as notas musicais en datas nas que en circunstancias de normalidade correspondería a celebración das Festas do Santísimo, Festas de San Antonio, Festa da Langosta, Festas do Carme, Festas de San Caetano, Festas do Monte Santa Trega, Festas da Guía,..., animando a vila con música e espectáculos coma a Batukada Bate no Cobre, O Séquito do Capitán Nemo, entre outras actividades complementarias.  

 

Momento da inauguración da exposición de fotografías “Facedoras do Baixo Miño”, na Casa dos Alonso


 As exposicións tamén marcaron este verán na Guarda coa Exfimiño 2021 organizada dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa e a exposición “Facedoras do Baixo Miño”, que encheu de vida e cor os baixos da Casa dos Alonso con fotografías para pór en valor o traballo da muller en diferentes ámbitos da vida cotiá e empresarial coma a hostalería, mariscadoras,  redeiras, viveirismo, ..., entre outras actividades.  

 A danza e o baile tamén tiveron cabida co espectáculo O Fiadeiro e os Festivais de Baile Moderno e Folclórico de Xamaraina, que encheron de público o Auditorio de San Bieito, con aforo limitado e protocolos covid-19.  

 "Dende o Concello se quere agradecer unha vez máis o traballo dos diferentes departamentos e persoal municipal que colaboraron de xeito mutuo para a organización e desenrolo das actividades programadas: departamento de Cultura, Turismo, OMIX, Policía Local, GES, departamento de Servizos, así coma entidades, asociacións e comisións de festas da nosa vila, onde unha vez máis quedou de manifesto que a unión e o traballo conxunto da lugar a actividades de lecer e ocio para o desfrute de veciños e visitantes", refiren desde o goberno local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario