23 de set. de 2021

A GUARDA

A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA CHAMA A MOBILIZARSE NOVAMENTE 

CONTRA O DETERIORO DA ATENCIÓN PRIMARIA  


Mobilización en defensa da sanidade pública da Guarda

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda

 A  Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, xunto co resto das plataformas en defensa da sanidade pública da Área Sanitaria de Vigo, súmase á manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo diante do perigo a que está sometida a atención primaria pola falta de persoal e medios.  

 A atención sanitaria na Guarda durante o verán e tamén nesta quincena é un exemplo claro do que está pasando en toda a área sanitaria e no conxunto do país. A Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza sigue sen cubrir as vacacións e as baixas do persoal sanitario. Por mor desta situación a día de hoxe temos tres médic@s d@s 8 que nos corresponden.  

 Estes son motivos de peso maís que suficientes para sumarnos  a esta manifestación que se celebrará o xoves 30 de setembro ás 20h desde o PAC de Vigo na rúa Pizarro.  

 Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda artellaremos transporte público para desprazarnos a Vigo. Tod@s aqueles que o desexen poden anotarse no tfno. 986 610 465.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario