¡¡¡POR FIN, FIXÉRONNOS CASO!!!
Despois de bastante tempo de estar reclamando que o inicio da subida o Monte Santa Trega se colocara un indicativo no que sinalara as taxas a pagar no “alboio-chabolo” do século XXI, para que os turistas e visitantes non tiveran que facer máis longa a espera para subir, o final puxeron “apurados e sin control” un taboleiro no que nos queda a dúbida do “esquecemento” de que os luns a subida e GRATIS e que o museo está pechado.
Voltamos a presentar un escrito, e con sorpresa pola rapidez, no día de hoxe, sábado 11 de setembro, xa nos fixeron caso, e arranxaron o cadro informativo. ¡¡¡Como nos gustaría que en todos os temas municipais tiveran esa rapidez!!!
Con este escrito e esta imaxe gráfica, queremos deixar constancia, do traballo feito polo Padroado Municipal Monte de Santa Trega, que preside o Sr. Alcalde.
A Guarda, a 11 de setembro do 2021
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario