Para conmemorar aa Semana da Mobilidade
O Concello de A Guarda organiza unha ruta en bicicleta
• Terá lugar o domingo 19 de setembro ás 11:00h dende a Alameda da vila
• As inscricións están abertas na OMIX da Guarda no 986 610 000 ext. 7 ou en informacion@aguarda.es
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través das concellerías de Deportes e Medio Ambiente, respectivamente, e coa colaboración do Club Ciclista Guardés, organiza un “Paseo en Bici” enmarcado na Semana da Mobilidade 2021, que vai ser celebrada en toda a comunidade europea entre os días 16 e 22 de setembro.
O “Paseo en Bici” terá lugar o domingo día 19 de setembro con saída ás 11:00h dende a Alameda da vila, cun percorrido polo casco urbano de aproximadamente 10km e para todo tipo de públicos. Haberá agasallos para os participantes.
As inscricións están abertas na OMIX de A Guarda no teléfono 986 610 000 extensión 7 ou en informacion@aguarda.es
Contarase cun servizo de apoio, colaboración do GES e da Policía Local, así como un protocolo COVID-19 específico para esta actividade.
A Semana Europea da Mobilidade 2021 ten como obxectivos a mobilidade sostible, saudable e segura, e ao mesmo tempo render homenaxe á cidadanía polas adversidades sufridas en Europa e no mundo durante a pandemia da COVID-19, reflexionando nas oportunidades de cambio que xorden dunha crise sanitaria sen precedentes.
BENEFICIOS DA MOBILIDADE ACTIVA
Ademais de mellorar a saúde física das persoas, os desprazamentos en bicicleta e a pé tamén teñen efectos moi beneficiosos para a saúde mental. A mobilidade activa reduce a depresión, ansiedade e outros problemas similares.
Desde o equipo de goberno local indican que "no caso da Guarda, está comprobado que podemos desprazarnos dun lado ao outro do casco urbano en tan só 15 minutos, ofrecendo á cidadanía a posibilidade de atender as súas necesidades con só un breve desprazamento a pé ou en bicicleta dende a súa casa".
Asemade, tamén se fai pública á seguinte afirmación: "A redución da contaminación atmosférica derivada do transporte nas zonas urbanas se consegue principalmente limitando ou prohibindo o tráfico contaminante, creando máis zonas peonís ou de tráfico restrinxido".
Ningún comentario:
Publicar un comentario