2ª CONCENTRACIÓN DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO
Tivo lugar ao mediodía, na Praza do Seixo
Plataforma en defensa da Sanidade pública de Tomiño
Excelente participacion dos veciños de Tomiño na segunda concentración organizada pola Plataforma en defensa da sanidade Pública de Tomiño, celebrada onte sábado 7 de agosto as 12 do mediodía, reinvindicando mais médicos, mais administrativos e a reapertura do consultorio médico de Goián Xa!!.
A resposta foi impresionante. Mais de catrocentas persoas déronse cita para reclamar ao Sergas os dereitos dunha sanidade de calidade. O acto que foi presentado por Violeta de Santiago pertenecente a Plataforma, agradecendo a asistencia a concentración. Falou tamén Conchi, de Tebra, unha usuaria do Centro Médico de Tomiño, con múltiples problemas de saúde, é membro da plataforma. Novamente contamos co apoio e presenza de Jesús Araujo Nores, médico especialista en otorrinolaringoloxía, ex director de centro do Chuvi, e membro da Asociación Galega en defensa da Sanidade Pública e da Plataforma SOS Sanidade Pública. Tamen contamos con Mª José Diéguez, secretaria de CCOO de Sanidade de Vigo e presidenta da Xunta de persoal da área de Vigo.
Pechouse o acto anunciando que se abre un tempo para recollida de firmas, e que se irá avisando das distintas fases de actuación da Plataforma nas parroquias e no centro de Saúde en Tomiño.
ÁNIMO, FORZA E SAÚDE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario