VELA
Participación do Club Alagua na Máster Cup 470
Ignacio Campos e Yolanda Bastos, finalizaron sétimos na regata celebrada no Lago Bracciano en Italia
Club Deportivo Alagua / A Guarda
Ignacio Campos e Yolanda Bastos, do Club Deportivo Alagua, finalizaron sétimos na regata 470 Master Cup celebrada no Lago Bracciano en Italia.
Esta regata internacional reuniu a tripulacións de Alemaña, Suíza, Holanda, Italia, Francia, Romanía, Eslovaquia, Polonia, Bélxica, España e Grecia. Un total de 49 tripulacións competiron durante 5 dias nas augas deste lago italiano.
Desde o Club Deportivo Alagua queremos felicitar a estes supercampións que participaron representando á vela galega nesta competición internacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario