30 de ago. de 2021

OIA

OPINIÓN

Sra. Correa, así non se defende a sanidade pública  


Gerardo Rodriguez, portavoz dos socialistas de Oia, presentando uns documentos no rexistro municipal de entradas do concello

Grupo Municipal do PSdG de Oia

 

 No pleno extraordinario solicitado polos socialistas de Oia co fin de tratar a situación sanitaria pola que atravesa o noso Concello, a alcaldesa repasou a situación actual do funcionamento do Centro de Saúde recoñecendo as súas carencias sen aportar ningún tipo de solucións e sen realizar ningún tipo de autocrítica, achacando o mal funcionamento da Saúde Publica ao Goberno Central, obviando en todo momento que as competencias en materia de Sanidade correspóndenlle á Xunta de Galicia, criticando que o PSdG de Oia alarmaba aos usuarios coa colocación de mesas informativas onde se recolleron 173 reclamacións de usuarios en 5 días.  Igualmente estendéronse as súas críticas cara ós profesionais acusándollos de falta de vocación e dedicación; en definitiva todos son culpables menos a Xunta e o Sergas. 

 O portavoz dos socialistas de Oia, Gerardo Rodriguez, realizou unha crítica construtiva aportando solucións para os problemas que se detectan en dito Centro de Saúde como: 

 1) Baseándose no informe do Consello de Contas de Galicia de Sanidade Pública moi por debaixo de outras Comunidades autónomas semellantes. 

 2) A temporalidade nas contratacións está disparada nun 44% en atención especializada, nun 28% en atención primaria e un 60% de médicos/as con MIR non quedan en Galicia dada as precarias condicións laborais. 

 Se esta situación non se remedia o seguinte paso é o peche dos Centros de Saúde y a concentración de médicos nos PAC como xa acontece co servicio de Pediatría en Oia, que,  ao día de hoxe os usuarios do mesmo se teñen que desprazar á Guarda. 

 3) A solución pasa por aumentar a inversión en Sanidade Pública, acabar coa precariedade laboral, correxir o modelo actual de contratación do persoal sanitario, abandonar a temporalidade e substitucións para apostar polas prazas estables e fixas.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario