Os Socialistas de Oia continúan coa súa campaña en favor da sanidade pública
• Piden a reposición dos dous médicos e da pediatra que corresponden ao Centro de Saúde do municipio coa instalación dunha valla publicitaria
Infogauda / Oia
Despois da presentación no Parlamento Galego, o pasado dia 7 de xullo de 2021, dunha proposición non de lei, pola deputada Leticia Gallego Sanromán, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, na que se solicitaba "garantir a correcta e plena atención primaria cubrindo as prazas vacantes de médicos de familia, así como a consulta ao menos dúas veces á semana de pediatría e a dotación dunha ambulancia medicalizada para toda a comarca do Baixo Miño; desde a Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Oia decidiuse a instalación dunha mesa de información e axuda os días 2, 3, 4, 9 y 11 deste mes.
Nesa mesa informativa recolléronse e tramitáronse 173 reclamacións ante a Xerencia de Atención Primaria de Vigo. Ao mesmo tempo acudiuse ás dúas concentracións realizadas o día 11 de xullo e o 8 de agosto e ante la falla de solucións decidiuse colocar unha valla publicitaria na estrada PO-552 denunciando a situación que se sofre no Centro de Saúde de Oia.
Os Socialistas de Oia continuaremos reclamando o que en xustiza lle corresponde ao noso concello xa que a saúde é o máis importante, non descartando a realización de novas medidas e concentracións se a situación continúa sen solucionarse."

Ningún comentario:
Publicar un comentario