16 de ago. de 2021

O ROSAL

O ROCK AND ROLL E O BLUES ENCHERÁN DE RITMO O TORREIRO DE SAN VICENTE, EN MARZÁN

O próximo venres ás 21.00 horas


Broken Peach

Infogauda / O Rosal  

 Broken Peach encherá de rock and roll e de blues o torreiro de San Vicente, en Marzán, ao carón da capela, o próximo venres ás 21.00 horas. 

 A entrada a actuación é de balde, pero as persoas interesadas deben reservala a través da web do Concello. 

 O concelleiro de Cultura, Carlos Villanueva, anima a veciñanza “a aproveitar ao máximo a grande calidade musical do que resta da axenda verán do Rosal”, e lembra que a día de hoxe aínda quedan entradas dispoñibles.

 Broken Peach é unha banda que fusiona a música co espectáculo tentando desmarcarnos das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpreta. Está formada por 4 voces, batería, baixo, guitarra e piano, pero unha das súas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes. O seu eclecticismo musical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel,  funk, pop,…

CONTINÚA A AXENDA CULTURAL DE VERÁN  

 A axenda cultural do Rosal está protagonizada por música esta semana. Ademais do concerto do venres, o mércores ás 21.00 horas a Igrexa de Santa Mariña acollerá a actuación da Minibanda da Agrupación Musical do Rosal e o quinteto de vento Suso González, e o sábado ás 21.00 horas remata “O Rosal Cámara Fest” na praza do Calvario coa actuación da banda da Agrupación Musical do Rosal e de Big Band AMdoR.

Ningún comentario:

Publicar un comentario