27 de ago. de 2021

O ROSAL

O Concello do Rosal contrata a dúas persoas en risco de exclusión social  

Reforzarán o cadro de persoal encargado da limpeza viaria e a roza forestal 


Casa do Concello do Rosal
Foto: C.O.R.
 

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal aposta pola inclusividade coa contratación de dúas persoas en risco de exclusión social para reforzar o servizo de limpeza viaria e a roza forestal. A alcaldesa, Ánxela Fernández, afirma que “dar oportunidades ás persoas que precisan unha man é un deber das administración públicas que non se debe esquecer”, e espera que estes 9 meses nos que traballarán para o Concello “supoñan un pulo para mellorar a súa situación”.  

 Estas contratación son posibles grazas a subvención concedida pola Consellería de Emprego e Igualdade dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario