O ferry-boat retoma hoxe o seu funcionamento
· Dende Portos de Galicia comunican que non se permitirá o uso da plataforma para o tránsito de ningún tipo de vehículo. Só se autoriza o tránsito de pasaxeiros e bicicletas
Infogauda / A Pasaxe
O executivo municipal do concello guardés vén de facer público que "o ferry-boat que comunica A Guarda con Caminha (Portugal) retoma na tarde deste venres día 13 de agosto de 2021 o seu funcionamento despois de que no pasado día 23 de xuño o patrón do transbordador "Santa Rita de Cássia" detectase un escoramento anormal na plataforma de atraque da embarcación, feito que se puxo, de forma inmediata, en coñecemento dos responsables de Portos de Galicia, na actualidade propietarios e xestores da devandita estrutura e que motivou ao peche da mesma e por conseguinte á interrupción do servizo.
Despois do peche e da realización de reparacións de urxencia co obxectivo de recobrar a estabilidade da plataforma, dende Portos de Galicia comunicaron ao Concello de A Guarda que xa se pode empregar esta infraestrutura pero que non se permitirá o uso da plataforma para o tránsito de ningún tipo de vehículo. Só se autoriza o tránsito de pasaxeiros e bicicletas. +
O concello insta a Portos de Galicia a que faga as reparacións necesarias na plataforma para que, a maior brevidade posible, poidan embarcar de novo vehículos dado que o transporte dos mesmos é a principal demanda a hora de cruzar o esteiro do Miño en ferri."
Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Teléfono 986 61 15 26) no horario de funcionamento do transbordador.
Tamén poden informarse na Oficina de Turismo (Teléfono 986 61 45 46) de luns a domingo, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
SEMANA DO MARTES DÍA 10 AO DOMINGO DÍA 15 DE AGOSTO
|
SAÍDAS DENDE A GUARDA – CAMINHA (Horario peninsular de ESPAÑA) |
||||||||||
|
LUNS 9 |
Non hai servizo por descanso de persoal |
|||||||||
|
MARTES 10 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
|
MÉRCORES 11 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
|
XOVES 12 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
|
VENRES 13 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
17:45 |
18:30 |
19:30 |
20:15 |
|
SÁBADO 14 |
|
11:30 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
18:45 |
19:30 |
20:15 |
|
DOMINGO 15 |
|
11:15 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
19:45 |
20:15 |
|
SAÍDAS DENDE CAMINHA - A GUARDA (Horario peninsular de ESPAÑA) |
||||||||||||
|
LUNS 9 |
Non hai servizo por descanso de persoal |
|||||||||||
|
MARTES 10 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
||
|
MÉRCORES 11 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
||
|
XOVES 12 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
||
|
VENRES 13 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
17:30 |
18:00 |
19:00 |
20:00 |
||
|
SÁBADO 14 |
|
11:00 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
18:30 |
19:00 |
20:00 |
|
|
|
DOMINGO 15 |
|
11:00 |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
(non) |
19:30 |
20:00 |
|
|
Observacións:
- A falta de visibilidade coa néboa pode provocar algunha cancelación cando o transbordador teña que navegar fora do canal.
- En amarelo aquelas saídas que modifican o seu horario establecido (atraso ou adianto) para evitar a cancelación pola marea baixa.
- Saída non asegurada, non se confirma a saída ata o mesmo día segundo o criterio do patrón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario