12 de ago. de 2021

A GUARDA

A Guarda acollerá a exposición fotográfica “Facedoras do Baixo Miño”  

A inauguración, con invitación previa, terá lugar o mércores 18 de agosto ás 19:00h na Casa dos Alonso. 




Infogauda / A Guarda 

 A vila de A Guarda acollerá a partires do vindeiro mércores día 18 de agosto unha exposición fotográfica que leva por título xenérico “Facedoras do Baixo Miño”, e que recolle unha selección de fotografías de Mar Caldas que amosan a aportación da muller a súa comunidade, cun recoñecemento ao seu traballo.  

 Este proxecto da continuidade ao de “Facedoras de Bueu” no que Mar Caldas quere transmitir o legado da muller na Galicia Rural, neste caso centrado na comarca do Baixo Miño, e ao traballo da muller en diversos ámbitos coma o viveirismo, os cultivos de froitas e verduras, a artesanía ou o traballo do mar, coma é o caso das argaceiras, percebeiras e redeiras.  

 A exposición estará nos baixos da Casa dos Alonso dende o mércores 18 de agosto ata o 2 de setembro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:30h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario