12 de ago. de 2021

A GUARDA

Xa se pode obter a Chave 365 e o certificado Covid na nosa vila

• Grazas á colaboración entre o Concello de A Guarda e o SERGAS, o andar baixo da Casa dos Alonso conta cunha oficina de atención 

• O horario de apertura da oficina é luns a venres de 8.30 h a 12 h e de 12.30 a 14.30 h. 


Casa dos Alonso, sede do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda
  

 Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno local vén de facer público no día de hoxe que "o Concello de A Guarda xa conta cunha oficina para tramitar a Chave365 e o certificado Covid-19 no andar baixo da Casa dos Alonso, onde se instalou unha oficina, atendida por persoal funcionario do Servizo de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.   

 Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda, respondeu favorablemente á solicitude feita dende a xerencia do SERGAS para poder contar cun local na vila con esta finalidade.   

 Os veciños de A Guarda e concellos limítrofes poden achegarse ate a Casa dos Alonso, para solicitar a alta na Chave 365, o que permite o acceso con seguridade alta, á aplicación E-Saúde e ao certificado  Covid-19.  As persoas interesadas poden amais obter unha copia impresa, no caso de precisalo, do seu certificado  Covid-19.  

 O horario de apertura da oficina é de luns a venres de 8.30 a 12 h e de 12.30 a 14.30 h.  O servizo prestarase inicialmente até o 31 de agosto pero poderá ser prorrogado de ser necesario."

Ningún comentario:

Publicar un comentario