29 de ago. de 2021

A GUARDA

MEMBROS DE TRANS MIÑO E DO  CONCELLO DE A GUARDA,  MANTIVERON UNHA XUNTANZA

Na que a concelleira  de Igualdade deu a coñecer aos membros da asociación que as obras de adecuación das instalacións xa se remataron.


De esq. a der.: o psicólogo e o presidente da Asociación Trans Miño-LGTBIQ+, diante da Casa do Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Vén de ter lugar a xuntanza entre a concelleira de Igualdade, do Concello de A Guarda, Fátima Rodríguez Marcos, e dous compoñentes da xunta directiva da Asociación Trans Miño-LGTBIQ+, concretamente o psicólogo e o presidente. Na xuntanza a concelleira deu a coñecer aos membros da asociación que as obras de adecuación das instalacións xa se remataron. No transcurso da xornada irían a ver cómo quedou o estado das instalacións.  

 Tamén estiveron falando da necesidade que dotar as instalacións do mobiliario preciso e do horario que se iba a ter. As instalacións van a ser compartidas con outras asociacións. 

 "Por parte de Trans Miño-LGTBIQ+ se acordou manter unha xuntanza entre os usuarios que accederían as instalacións e o Concello, para poder pechar os últimos flecos que quedan.  

 Dende Trans Miño-LGTBIQ+ contamos con dispór destas instalaciones a principios do mes de setembro, e así poder continuar co proxecto de ir dispondo dunha cobertura de Oficinas LGTBIQ+ por todas as cabeceiras de comarcas da súa zona de influencia", afirmou Xermán Cordero Verde, presidente de Trans Miño-LGTBIQ+. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario