PAULO CARRIL E ALBERTO GONÇALVES, DA CIG, TRATARÁN SOBRE A GRAVE CRISE DO NAVAL
· Este xoves, día 8 de xullo de 2021, no local da CIG de Vigo (rúa Gregorio Espino, 47).
Infogauda / Vigo
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, comparecerá diante dos medios de comunicación xunto ao secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, este xoves día 8 de xullo, ás 11:00 horas, no local da CIG de Vigo (rúa Gregorio Espino, 47), "para abordar a grave crise que atravesa o naval vigués tras a liquidación de Vulcano e a máis que probábel desaparición de Barreras e para achegar as propostas da central sindical para garantir a continuidade do sector ".
Os responsábeis sindicais darán conta tamén "da represión sindical que se vive en Barreras tras o despedimento do delegado da CIG no comité. O propio afectado participará ca comparecencia".
Ningún comentario:
Publicar un comentario