Cine familiar e concertos de música de banda e de rock en Tomiño
· O venres haberá máis cine na Praza do Seixo, con O Bosque Animado, e o martes 27, concerto da Escola de Rock de Paredes de Coura no auditorio da fortaleza de Goián
Infogauda / Tomiño
O verán cultural de Tomiño segue desenvolvéndose con éxito. O ciclo de Cine ao aire libre, propón para este venres "O Bosque Animado", na Praza do Seixo ás 22:30 horas e para todos os públicos.
No bosque conviven en paz animais e árbores cando aparece un novo e estraño veciño: o poste.
Cando a harmonía do entorno é alterada pola man do home, os moradores do monte loitarán para recuperala. Primeira longametraxe con animación 3D de Europa.
CONCERTO NO ESPAZO FORTALEZA DE GOIÁN
Por outra banda, a Escola do Rock de Paredes de Coura, actuará en concerto o martes 27 de xullo no auditorio do Espazo Fortaleza de Goián.
A 1ª parte do concerto (40 minutos) comezará ás 20:00 horas e estará a cargo dun conxunto da Agrupación Musical de Goián, recaendo a segunda parte na Escola do Rock Paredes de Coura, que actuará durante 60 minutos a partir das 21:00 horas. Nada en 2014 do icónico festival da mesma vila portuguesa, a escola organiza todos os anos un tour con concertos reunindo no escenario a alumnado e profesorado. Organizado pola Câmara Municipal de Paredes de Coura e o Concello de Tomiño, este singular espectáculo é para todo público, con entrada de balde.
É preciso reservar as entradas, tanto para o cine ao aire libre, como para o concerto, chamando ao 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario