19 de xul. de 2021

TOMIÑO

O XULGADO DE PAZ DE TOMIÑO CAMBIA DE ENDEREZO DE FORMA PROVISIONAL

· As novas dependencias, en Avenida Gondomar nº    34, albergan tamén parte do Arquivo Municipal 


As oficinas do Xulgado de Paz están funcionando nun local alugado polo Concello na Avenida Gondomar nº 34

Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O equipo de goberno local vén de facer público no día de hoxe, que "as oficinas do Xulgado de Paz están funcionando dende hai varias semanas, nun local alugado polo Concello na Avenida Gondomar nº 34, tendo entrada tamén pola rúa da Feira.  

 As novas dependencias, de carácter provisional, albergan tamén parte do arquivo municipal e a oficina de Aqualia, até que o edificio da futura biblioteca (onde funcionaban) estea rematado.  

 Dito inmoble, situado na rúa Colón, a carón do mercado municipal, foi baleirado recentemente e será derrubado en breve, para poder comezar as obras da futura biblioteca; proxecto no que vén traballando o Concello dende hai varios anos.  

 No caso do arquivo, os expedientes serán trasladados novamente cando se remate o novo edificio, aloxándose na planta baixa das novas instalacións, xunto á Aula CeMit e outras dependencias."

Ningún comentario:

Publicar un comentario