6 de xul. de 2021

SABARÍS (BAIONA)

Comeza o II Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras” 

· Coa conversa de Fernando Bartolomé Benito




Infogauda / Baiona

 Comeza o II Ciclo de Conferencias “O Falar das Pedras” que se impartirán os martes de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 h. 

 Dese xeito, este martes día 6 de xullo,  iníciase co Catedrático de Literatura Española e escritor, Fernando Bartolomé Benito que impartirá unha conversa baixo o título: “1595. Drake, Baiona…y el Conde de Gondomar”.  

 Este ciclo de conferencias está organizado desde o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona. Iniciouse no ano 2019, sendo interrompidas no 2020 pola pandemia. 

 Este ano 2021 retómase a súa celebración e faise nunha nova localización, o novo edificio rehabilitado Multiusos Mercado de Sabarís (Rúa Benito Fariña, 3).  

 O ciclo, está formado por un corpus de presentacións de libros e charlas divulgativas coa misión de potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario