5 de xul. de 2021

A GUARDA

XXIV EXFIMIÑO 

A Guarda: Porta do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal 




 Marta Verde Rodríguez* / A Guarda

 O Camiño Portugués estivo e está, vertebrado por dous camiños: o que nace en Lisboa e o que florece en Viseu. O camiño de Lisboa ten dous percorridos diferentes que se unen en Coimbra, un que vai por Santarem e Tomar, e outro máis á costa, por Caldas da Rainha, Alcobaça e Leiria. Chegando a O Porto ten unha bifurcación hacia Braga e, unha vez alcanzada Vila do Conde, un trazado diríxese hacia Barcelos e o outro segue pola costa hacia Viana do Castelo e Caminha, esta última era de gran importancia porque era a que seguían os peregrinos procedentes das terras máis occidentales de Portugal e países de Ultramar. 

 Na actualidade, todo investigador sobre a peregrinación a Santiago de Compostela coñece a rica variedade dos camiños lusos e, por iso, rexeita que se fale dunha única vía a que se denomina, en exclusiva, Camiño Portugués. 

 Por tal motivo e, coincidindo con este Ano Compostelano, a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa organiza a XXIV Exposición filatélica EXFIMIÑO dedicada ao Camiño Portugués pola Costa ou Monacal xa que, o municipio de A Guarda é a súa porta de entrada en España. Esta exposición está patrocinada pola Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda; coa colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI) e a Igrexa Parroquial de Santa María da Asunción de A Guarda. 



Cuño postal conmemorativo

 

 A mostra contará coas mellores coleccións filatélicas galegas do tema Xacobeo, que se poderán visitar os días 24 e 25 de xullo no Salón Parroquial de A Guarda de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h. A inauguración será o venres 23 ás 19.30 h. 

Boceto do selo personalizado

 Con tal motivo, Correos concederá un cuño postal conmemorativo e un selo personalizado. 

 * Secretaria da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario