18 de xul. de 2021

PONTEVEDRA

A Estación Fitopatolóxica Areeiro aconsella manter a vixilancia ante o mildio tras a detección de novas manchas nos seus predios 

· O centro dependente da Deputación destaca a presenza de mildio larvado nos predios máis frondosos e recomenda labores culturais de aireación dos acios 


Eirugas de Cydalima

Infogauda / Pontevedra   

 A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella manter a vixianza ante o mildio. Na observación levada a cabo esta semana, observouse a aparición de síntomas abundantes deste patóxeno larvado nalgúns predios que prevense ter controlados grazas as altas temperaturas destes días. Do mesmo xeito, dende Areeiro recomendan labores de vixilancia sobre todo nas viñas que non foron ben controladas.  

 O persoal da Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte que a sensibilidade dos acios do oídio está a diminuír, co que hai que manter un alto nivel de vixilancia e seguir con atención a evolución da enfermidade. No caso do botrite, prevese unha boa situación dada a climatoloxía prevista, polo que non se esperan danos. Situación moi similar ca do Black rot, no que a sensibilidade dos acios a este fungo será menor a partir de agora, no que non se encontraron novos síntomas.  

 A climatoloxía está a favor do mantemento das viñas no caso dos machos de Lobesia botrana, xa que as altas temperaturas non favorecen a actividade desta praga. Por outra banda, o tempo seco está a favorecer a aparición de novos síntomas con alteración da madeira ou de estrés hídrico. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario