31 de xul. de 2021

OIA

"(...) Ante a caótica situación na que se atopa a sanidade no concello (...)"

Os Socialistas de Oia instalarán una mesa informativa no Centro de Saúde 



As imaxes corresponden a recente mobilización veciñal denunciando "a caótica situación na que se atopa a sanidade no concello"

Fotos: Cedidas


Infogauda / Oia

 Os Socialistas de Oia instalarán una mesa informativa no Centro de Saúde de Oia co fin de informar e axudar aos usuarios do mesmo ante a caótica situación na que se atopa a sanidade no concello, sen servizo de pediatría e, a maior parte dos días, cun único médico para atender a todo o cupo de pacientes. 

 A mesa estará instalada os días: luns 2, martes 3 e mércores 4 de agosto, en horario de 9:00 a 13:00h.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario